lunes, 23 de mayo de 2011

22-M-2011. UNHA DATA PARA RECORDAR

22-M. Unha data. A simple vista soamente sembra unha data máis. Pero non é así, ás veces as cousas non son o que parecen. Onte foi un día que recordaremos durante moito tempo (e algún máis que outros...)nas nosas cabezas. Foi o día en que 834 persoas dixeron que están fartas, que non queren seguir vivindo así. Foi o día en que 834 persoas decidiron mediante a exerción do seu dereito ao voto en Redondela, transmitir, comunicar e GRITAR ben alto, que non están dispostas a seguir cos brazos cruzados. Que están dispostas a LOITAR, que queren cambiar as cousas. Que non queren seguir participando deste panorama político actual que temos no concello. E o máis importante; que confiaron na Agrupación de Electores de Redondela para que esta sexa a súa voz dentro do  concello. Que confiaron en nós para que poidamos representalos e loitar para poder cambiar as cousas. Así que queremos dar as grazas a toda esta xente que depositou a súa confianza en nós mediante o seu voto. Dicirlles que imos loitar, que imos a actuar. Que somos moitísima xente que non estamos contentos, que estamos indignaos e que agora imos actuar. Paso a paso,peldaño a peldaño e gota a gota.
Tamén somos conscentes de que a máis de un non lle fixo moita graza esta "sorpresa" electoral. Pero queremos transmitir a toda a xente que imos traballar duro, que imos estar unidos e que non temos medo. Que queremos cambiara as cousas. Que imos ser esixentes con todo o que está o noso arredor, comezando por nós mesmos.Temos a ilusión de saber que temos a unha persoa dentro do concello representando os valores éticos e morais da Agrupación. Queremos transparencia, queremos ter palabra, queremos que se nos escoite, creemos en que hai máis formas de escoitar o malestar da ciudadanía.
Agora sabemos que é un camiño moi longo o que nos queda por diante. Que aínda non comezou nada. Que neste panorama político intentarán que caigamos o chan. Sabemos que habrá máis dunha pedra no camiño, e algunha patada tamén. Pero unha cousa está máis que clara. Poderemos metela pata, pero nunca a man. Que se tropezamos ou caemos levantaremonos para seguir loitando polas nosas ideas e os nosos dereitos. Que temos unha virtude que a veces o traxe non deixa recordala. Somos xente humilde, xove de espírito e con ganas de cambiar as cousas ou polo menos de intentalo. Poderán criticarnos polos motivos que a xente queiran. Pero unha cousa esta clara. Temos gañas de cambiar as cousas, temos a responsabilidade de querer que se vos escoite, de que aínda que non nos fagan caso gritaremos por vós, día sí e día tamén.

Grazas outra vez a toda a xente que mediante o seu voto confiou en AER e diciros a todos que loitaremos, traballaremos e intentaremos o que todos queremos. Que se nos escoite dentro e non fora para que miren hacia outro lado. Para ter palabra. Para ter a palabra da ASAMBLEA. O proxecto está en marcha e ninguén poderá paralo, porque todos queremos cambiar algo, porque loitaremos xuntos e porque o 22 de Maio de 2011 case mil persoas en Redondela estouparon co seu voto e dixeron que é o momento. Que soamente temos que creer en nós, que as cousas pódense cambiar, aínda que moita xente necesita ver para poder ceer. Hai que estar concienciados, pensar que xuntos somos máis e máis fortes.

GRAZAS A TODOS OS QUE EXPRESARON O SEU MALESTAR O 22 DE MAIO A TRAVÉS DE NÓS.

AUPA E FORZA AER!

7 comentarios:

  1. ¡Felicidades! Un hermoso ejemplo el vuestro.

    ResponderEliminar
  2. enhorabuena! Me declaro abiertamente y llevo varios dias gritandolo a quien me oiga, he sido una de esas 834 personas.
    No os conocia, no sabia ni quien era vuestro "cabeza de lista" pero haber visto vuestra lista de principios y objetivos me hizo rectificar mi postura, que hasta el momento había sido que el voto nulo era la unica solución.
    Y me siento muy contenta de haberos apoyado, de ver como podeis devolver la fe en la democracia en tan poco tiempo.
    Sera un camino duro, por supuesto y os pido q no dudeis, q no penseis nunca en renunciar ni al mas minimo de vuestros puntos, porque por ellos precisamente os hemos elegido.
    Da igual lo que os prometan por apoyarlos en la investidura, por favor no lo hagais. Manteneos fieles, no hagais dudar a ninguno de los 834 que somos que sois la respuesta que esperamos.

    ResponderEliminar
  3. Camiñar e doado. O máis dificil son os primeiros pasos. Vós, destes un de xigante. Fixéchedes como o cativo que botou andar con tan só cinco mesiños. Ninguén cría nel, só a súa nai, pero el emprendeu camiño.
    834 nais creeron en vós, debedes respostar dacordo cos vosos principios, xa que foron o pilar que vos levou ata aquí.
    Un consello, nos vos deixedes amendrentar por ninguén e moitos menos por aqueles que durante anos acabaron afundindo ao electorado no fango da desidía e do conformismo democrático.
    Alguén non fixo ben o seu traballo nestas eleccións,e durante anos, e eses non fostes vós.
    Tendes a obriga de respostar con firmeza e sen dúbida algunha, porque o camiño habédelo de facer vós, para nós.
    834 nais estarán orgullosas, e a unha nai non se lle minte.
    Aupa A.E.R.
    Xoan Alonso

    ResponderEliminar
  4. Bueno queríavos decir que me parece fenomenal que obtiverades un representante no concello de Redondela. No que non estou de acordo con vos é que non botedes a ninguén na investidura, os partidos leváronvos o seu terreo obligándovos a ter que elexir entre uns e outros (PP e PSOE+BNG), vos non deberiades elexir a ninguén, senon eles deberíanvos elexir a vos, se tantas gañas teñen de chegar o poder eles deberían aceptar as vosas peticións; e empezar co cambio desde xa.
    Por exemplo: Facedes unha lista cos cambios que considerades máis importantes e eses son os puntos que teñen que apoiar quen queira xuntarse con vos, se non o cumple queda demostrado que buscaban e cales eran os seus obxetivos.
    E por último, que non teñades medo e que comencedes co cambio xa (aínda tedes tempo ata o día 11).

    ResponderEliminar
  5. Oes, agora que tedes un concelleiro podiades actualizar o blog mais a miudo. ¿non si?
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. me acabo de enterar de vuestra existencia y posicion estrategica, soy
    indignado vigues. Espero que os salga todo bien, aunque discrepo de vuestra
    primera decision de permitir la alcaldia del pp con la abstencion. Habeis
    recibido votos de gente y debeis representarla, sinceramente creeis que
    vuestros votantes en general son indiferentes entre un alcalde y otro como
    para abstenerse? no lo se... vosotros sabeis que campaña habeis hecho, pero
    yo tengo la sensacion de que vuestros votantes son mas de izquierdas. Pero
    son de izquierdas desencantados con psdg y bng, por lo tanto tampoco querran
    que los apoyeis a cualquier precio. Os acusaron de no ser de izquierdas si
    permitiais un alcalde de derechas, en mi opinion la actitud mejor ante eso
    hubiese sido:

    si que somos de izquierdas, por lo que no queremos colaborar a un alcalde de
    derechas, lo que pasa que tenemos serias dudas de que ustedes, estando en el
    partido que estan, sean de izquierdas. Hemos prometido a los electores que
    no pactariamos, pero ante la situacion de que cualquier decision nuestra
    determinara quien sera alcalde, sin que esto suponga un pacto sino un apoyo
    puntual, subyugamos nuestro apoyo a la alcaldia de Psoe a que su alcalde se
    manifieste de IZQUIERDAS, condenando la decision de su partido de extender
    la edad de jubilacion cuando hay jovenes en paro y condenando la ley sinde,
    que trata de restringir el acceso de los ciudadanos a la cultura y elimina
    la separacion de poderes vital en democracia. Ambas situaciones afectan a
    todos los ciudadanos de redondela en su vida diaria.

    hubiera sido devolver la patata caliente, el psoe hubiese tenido que decidir
    entre si condenar eso, al igual que todo su electorado, creando una noticia
    nacional,o no hacerlo, con el consiguiente cabreo de sus electores pk por no
    condenar algo tan justo, den la alcaldia al pp.

    Pero como esto ya esta hecho no hay marcha atras, porque no se debe
    presentar mocion de censura sin motivo lo cual da imagen de poca seriedad. Si hay oscurantismo en contrataciones etc etc, es otro caso. No os podran decir que eso lo hacen en todos lados, pk teneis la contestacion facil de "pk no estamos nosotros para evitarlo". no estais manchados por nada, aprovechad ese tremendo poder que os da el que no os puedan decir "y tu mas"

    ResponderEliminar
  7. Meus parabens,por marcar un liña contraria o "mais do mesmo",e ser unha alternativa distinta.Pero enterome polo Faro,que a feira medieval non se vai facer este ano,por decision do concello,o Bas dice que quere por a Redondela onde se merece.Sabedes a cantidade de xente que visita,visitaba Redondela polo da Feiramedieval??,sabedes canta xente comía do que vendía nesa feira?? e pregunto calé o motivo real para dita supresión?.Saudos.

    ResponderEliminar