Dende AER queremos convocar a toda a xente comprometida coa sostenibilidade ambiental e co transporte público a que vaia á caravana de coches en favor do tren de cercanías. Comeza hoxe Venres 17 de Xuño ás 18:45 no Parque de Bombeiros de Vigo e vai ata a Estación de Tren de Pontevedra.
Tamén queremos convocar á xente que queira unha Europa da cidadanía e non unha Europa do capital e da banca a que participe nas protestas deste domingo 19 en contra do Pacto do Euro. Vai haber unha cacerolada en Redondela ás 13:00 na Praza da Constitución e unha manifestación en Vigo ás 18:00 na praza de España
http://www.attac.tv/altermedia/2011/06/1986
No hay comentarios:
Publicar un comentario